Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, centro dependente desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, 2-1ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensións 272332 e 272320) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-17-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, centro dependente desta xerencia.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1.).

4. Valor estimado do contrato:

a) 2.543.801,65 € (dous millóns cincocentos corenta e tres mil oitocentos un euros e sesenta e cinco céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 942.148,76 € (novecentos corenta e dous mil cento corenta e oito euros e setenta e seis céntimos).

b) Importe total: 1.140.000,00 € (un millón cento corenta mil euros).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: si. Grupo U, subgrupo: 1, categoría: 3.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.i). do prego de cláusulas adminstrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 30.5.2017.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2-2ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido o artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: salas de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3.4.2017.

A Coruña, 3 de abril de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña