Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de abril de 2017 pola que se notifica o acordo da Área de Instalacións Náutico-Recreativas e Portos Deportivos relativo á renovación da lista de espera para a atracada nas instalacións náutico-deportivas do porto de Beluso.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas que se identifican no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, acordo relativo á renovación da lista de espera para a atracada nas instalacións náutico-deportivas do porto de Beluso, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos nos enderezos que constan nos expedientes.

Debido ao tempo transcorrido dende a data de presentación das solicitudes e a entrada en vigor da nova normativa, a documentación presentada non se axusta á indicada no artigo 24 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas identificadas deberán presentar orixinal ou fotocopia compulsada da documentación que a continuación se relaciona:

1. Contrato de seguro da embarcación, ao cal se engadirá a cobertura de remoción de restos da embarcación, acompañada polo último recibo da póliza asegurada.

2. Certificación actualizada pola Capitanía Marítima da folla de asento da embarcación (con data de expedición inferior a un ano e onde o solicitante apareza como titular da embarcación).

3. Permiso de navegación da embarcación.

4. Impreso de domiciliación de recibos debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria correspondente.

De acordo cos termos do dito acordo establécese un prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no BOE para presentar a documentación requirida.

No caso de non presentar a antedita documentación, presentala incompleta, de xeito deficiente, ou fóra do prazo indicado, entenderase que desiste da súa solicitude, ocupando o seu lugar o seguinte integrante da lista de espera.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente completo para o seu exame atópase nas dependencias de Portos de Galicia en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Solicitante

Embarcación

Matrícula

Juan Antonio Bandrés Sierra

Arroaz

7ª-VILL-3-88-96

Juan Antonio Fernández Maña

Crisana

7ª-VILL-3-77-02

Francisco Javier Freire Arteta

Indico Dos

7ª-VI-5-210-01

Félix Antonio Gabarrón Cabero

Caronte

7ª-VI-5-219-04

Juan Miguel Gómez Sánchez

Paneb

7ª-PM-1-1749-92

Luis Gómez Vázquez

Pedras Un

7ª-VI-5-104-207

Julián Martínez Soutiño

Golfeira

7ª-VILL-3-94-06

Sogelectro, S.L.

La Gavina Dos

7ª-VILL-3-65

Jorge Vidal Barbosa

Luka

7ª-VI-5-61-04