Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución da subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, relativa ao expediente TR341D 2016/271-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución da subvención solicitada.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 19 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2016/271-1.

Resolución de aceptación de renuncia da subvención concedida.

Solicitante: Palermo, Ana María.

DNI: Y4337399G.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Data resolución: 10 de marzo de 2017.

Expediente: TR341D 2016/446-1.

Resolución de concesión da axuda solicitada.

Solicitante: Sánchez-Almadén Prieto, Josune.

DNI: 44126355G.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Data resolución: 3 de novembro de 2016.