Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21612

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (152/2016).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rafael Berdullas Porto contra M. Fuentefría Construcciones, S.L., rexistrado co número 152/2016, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 6.4.2017, ditado no procedemento, a M. Fuentefría Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro.

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado M. Fuentefría Construcciones, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 1.142,51 euros en concepto de indemnización e 12.479,28 euros en concepto de salarios de tramitación, sen prexuízo do desconto que efectúe a empresa, de ser o caso, do importe percibido pola parte executante en concepto de prestacións por desemprego.

Para o suposto de que non se cumpra voluntariamente a presente resolución xudicial, a presente execución continuará, por petición de parte, como pecuniaria polo importe total de 13.621,79 euros e 1.362,17 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a M. Fuentefría Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

A secretaria xudicial