Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (170/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 170/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 41/2017.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 170/2015, en que foron parte, como demandante, Juan Manuel Rodríguez Lamas, asistido pola letrada Sra. Muíño Pose, e, como demandados, Semar Aluminio, S.L. e Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Fernández Tarrío e María del Carmen Guillín Rey, que non comparecen malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Juan Manuel Rodríguez Lamas fronte a Semar Aluminio, S.L. e Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Fernández Tarrío e María del Carmen Guillín Rey e, en consecuencia, condénanse solidariamente os demandados a lle aboar ao demandante a cantidade de 834,79 euros, máis o xuro do 10 %. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcial García Guillín, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza