Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 2014/32/27 e oito máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio do interesado.

As persoas interesadas poderán interpor recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoas de que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 27 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Asunto

Data da resolución

Marian Ramadán

2014/32-27

Arquivamento

2.3.2017

Elena Ramadán

Drissia Boutafala Boussakar

2015/133-27

Arquivamento

11.11.2016

Viriginia Soledad Martínez Gutiérrez

2016/17-27

Arquivamento

25.10.2016

Joana Darc Ribeiro da Silva

2016/30/27

Arquivamento

23.12.2016

Yolanda Encarnación de Montero

2016/49-27

Arquivamento

21.11.2016

Petience Dick

2016/60-27

Arquivamento

12.1.2017

2016/61-27

Arquivamento

12.1.2017

2016/62-27

Arquivamento

12.1.2017

Víctor Luis Maillo Laurente

2016/78-27

Arquivamento

14.11.2016