Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 2009/67/27 e cinco máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan, as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio do interesado.

As persoas interesadas poderán interpor recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoas de que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 27 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

Marianna K. Santos Nunes de Souza

2009/67-27

Cesamento de medida e arquivamento

20.2.2017

Adina Carmen Tosum

2012/85-27

Cesamento de medida e arquivamento

2.3.2017

Manuel Carreño Rodríguez

2015/33-27

Cesamento de medida e arquivamento

10.1.2017

Zaida Fernández Otero

2015/159-27

Cesamento de medida e arquivamento

13.2.2017

Fernando García Jiménez

2015/178/27

Cesamento de medida e arquivamento

13.3.2017

Tamara Fernández Otero

Fernando García Jiménez

2015/179/27

Cesamento de medida e arquivamento

13.3.2017

Tamara Fernández Otero