Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de constitución do couto mineiro formado polas explotacións Conchitina e demasías, número 4980, e Conchitina 2ª, número 5701, no concello do Vicedo.

A sociedade Cuarzos Industriales, S.A., titular dos dereitos mineiros da sección C) Conchitina e demasías nº 4980 e Conchitina 2ª, nº 5701, situadas no concello do Vicedo, solicitou ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo a constitución dun couto mineiro formado polas explotacións citadas, con base no establecido no título IX (artigos do 108 ao 111 da Lei 22/1973, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo).

En cumprimento do previsto no artigo 135.4 do Regulamento xeral para o réxime da minaría (RD 2857/1978, do 25 de agosto; BOE núm. 295 e 296, do 11 e 12 de decembro) realízase a presente publicación para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examinar o proxecto do couto nas dependencias desta xefatura, así como no portal da Consellería de Economía Emprego e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras), e presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, situada na Rolda da Muralla 70, no prazo de trinta (30) días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Lugo, 23 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo