Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a cancelación do permiso de investigación Refoxón, número 5074.1 (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á Empresa Granitos Penalonga, S.L., con último enderezo coñecido na estrada N-120, km 597,6-32411-Quins-Melón (Ourense), como titular, a cancelación de recurso de sección C) Refoxón, nº 5074.1, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 83 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuaren alegacións no prazo indicado, procederase á cancelación do expediente.

Ourense, 17 de abril de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense