Notifícase ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución dos expedientes sancionadores que a continuación se relacionan no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta Xefatura Territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.
Ourense, 2 de febreiro de 2017
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de |
Nº acta de infracción |
Nome/razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
77/2016 |
I322016000023113 |
GEA Trabajos Verticales, S.L. |
B32463721 |
Rúa Ponte Pelamios, 10 32002 Ourense |
15.12.2016 |
6.251,00 € |
78/2016 |
I322016000023012 |
GEA Trabajos Verticales, S.L. |
B32463721 |
Rúa Ponte Pelamios, 10 32002 Ourense |
15.12.2016 |
4.092,00 € |