Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017, da Xefatura Territorial Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT ao CTI Bao no concello de Cospeito (expediente 002/2013 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica, cuxo proxecto foi presentado o 12.4.2013.

Denominación: LMT ao CTI Bao.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa, nº 9, parque empresarial das Gándaras. 27003 Lugo.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión a 20 kV cunha lonxitude de 658 m con orixe nun apoio intercalado na LMT Cospeito da ST Vilalba, en condutor tipo LA-56 sobre apoios metálicos e final nun apoio de derivación existente ao centro de transformación intemperie CTI 14727 Bao.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de abril de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Parcela nº

Ref. catastral

Lugar

Concello

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Apoio

Voo

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Superficie ocupada m2

Lonxitude m

Superficie afectada m2

1

77

38

Barreiros

Cospeito

Jacinto García Castro Basanta Silva, 4, 1º C, 27800 Vilalba (Lugo)

LB

1 (1/2)

0,75

0

112

2

77

32

Reboira

Cospeito

Javier Regueiro Fernández

Casás, 9, Arcillá, Cospeito

(Lugo)

LB

1 (1/2)

0,75

17

133

4

77

35

Regos Carretera

Cospeito

Dolores Piñeiro Ledo

A Fonte, 26, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito

(Lugo)

LB

 

 

8

56

5

77

36

Reboira

Cospeito

Jesús Otero Senra

Plaza Mayor de la Hispanidad, 27, baixo, 47400 Medina del Campo (Valladolid)

LB

 

 

0

63

6

52

148

Longa

Cospeito

Jacinto García Castro Basanta Silva, 4, 1º C, 27800 Vilalba

(Lugo)

LB

 

 

0

117

7

52

153

Regos Chalet

Cospeito

Dolores Piñeiro Ledo

A Fonte, 26, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito

(Lugo)

LB

2 (1/2)

0,75

0

150

8

52

152

Porta do Señor

Cospeito

Luis Manuel Fernández Piñeiro

A Fonte, 26, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito

(Lugo)

LB

2 (1/2)

0,75

22

884

10

52

155

Regos Chalet

Cospeito

Dolores Piñeiro Ledo

A Fonte, 26, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito

(Lugo)

LB

 

 

83

880

11

52

151

Porta do Señor

Cospeito

Luis Manuel Fernández Piñeiro

A Fonte, 26, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito

(Lugo)

LB

 

 

0

31

12

52

106

Regueiro

Cospeito

Luis Manuel Fernández Piñeiro

A Fonte, 26, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito (Lugo)

PR

 

 

34

661

13

52

109

Pipelas

Cospeito

José Anido Hermida

A Fonte, 22, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito

(Lugo)

LB

3

1

42

553

19

52

814

Pipelas

Cospeito

Hros.Genoveva Blanco Otero

Rpte. Juan Carlos Dorado Blanco

A Fonte, 28, Santa María de Cospeito,

27377 Cospeito

Lugo)

MA

 

 

0

7