Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución ditada no recurso administrativo devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/SX/2017/00001).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución ditada no recurso administrativo devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da interesada, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación á interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Núm. de recurso

Interesada

Resolución de recurso

RA/SX/2017/00001

Prace, Servicios y Obras, S.A.

Desestimatoria