Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións ditadas nos recursos administrativos devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/VI/2015/00222 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas nos recursos administrativos devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Núm. de recurso

Expediente

Recorrente/Interesado

Resolución de recurso

RA/VI/2015/00294

C09-AQ-0189/10

María Elisa Pena Fuentes

Desestimatoria

RA/VI/2015/00295

C09-AQ-0186/10

Ana Matilde Neira Fernández

Desestimatoria

RA/VI/2016/00035

C-AQ-0229/08

Samuel Martínez Rodríguez

Desestimatoria

RA/VI/2016/00061

C09-VU-0026/09

Fernando Quintela Mato

Desestimatoria

RA/VI/2016/00062

C09-VU-0016/09

Margarita Gesto Fidalgo

Desestimatoria