Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (punto quilométrico 2+440-3+600), e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (punto quilométrico 0+200-0+620), de clave AC/16/092.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas, teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a «Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia». Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte alternativos que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o medio ambiente, e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na «Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia», o documento de «Fomento da mobilidade sostible: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca da Coruña», onde unha das sendas propostas é un itinerario peonil e ciclista na AC-174, que agora estase a desenvolver mediante o proxecto construtivo: «Itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito: Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600), e na AC-190, treito: O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620)», de clave: AC/16/092.06.

Doutra banda, por resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 3 de abril de 2017 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción: «Itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito: Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600), e na AC-190, treito: O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620)», de clave: AC/16/092.06.

Este proxecto ten por obxecto a creación dunha senda peonil en dous treitos no concello de Oleiros:

– AC-174: treito Montrove-As Pedreiras p.q. 2+440 a p.q. 3+600.

O itinerario estará conformado, en xeral, por unha senda de 2 metros de anchura e unha lonxitude total de aproximadamente 1.160 m, separada da estrada mediante un separador verde de 50 cm de ancho mínimo e un bordo de formigón. Esta senda executarase en formigón coloreado, pola marxe esquerda da estrada AC-174.

– AC-190: treito O Carballo-As Pedreiras p.q. 0+200 a p.q. 0+620.

Ao igual que no caso anterior, o itinerario estará conformado, en xeral, por unha senda de 2 metros de anchura e unha lonxitude aproximada de 1.580 m; separada da estrada mediante un separador verde de 50 cm de ancho mínimo e un bordo de formigón. Neste caso, ao executarse a senda nunha zona na que se atravesa solo rústico de protección forestal (marxe dereita da estrada AC-190), a senda constituirase en solo estabilizado.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Oleiros (praza de Galicia, núm. 1, Oleiros, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda:

(http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na AC-174 treito: Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600), e
na AC-190 treito: O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620). Clave: AC/16/092.06

Concello de Oleiros na AC-174.

Nº orde

Ref. catastral

Polígono masa

Parcela

Titular

Sup. catas. (m2)

Superficie afectada (m2)

Tipo de terreo

Elemen. valorables

Ocup. def.

Ocup. temp.

Total

Segundo planeam.

Segundo catastro

Segundo Lei do solo

Tipo

1

15059A01600400

16

400

Costoya Barreiro, Lino

9.256

46

203

248

Espazo reservado para viario

Rústico

Urbanizado

Muro de peche, porta de acceso, acometidas de gas e electricidade e arbustos

6

15059A01600513

16

513

En investig. art. 47 de Lei 33/2003

3.055

46

38

84

Urbanizable

Rústico

Rural