Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19253

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a provisión de prazas do corpo da Policía Local incluídas na oferta de emprego público 2016.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 49, do 14 de marzo de 2017, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade as prazas vacantes do corpo da Policía Local deste concello coas seguintes características:

a) Grupo C subgrupo C1; escala: Administración especial, subescala: servizos especiais; clase: policía local; categoría: oficial: número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: promoción interna polo sistema de concurso-oposición.

b) Grupo C subgrupo C1; escala: Administración especial, subescala: servizos especiais; clase: policía local; categoría: policía: número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de veinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 15 de marzo de 2017

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde