Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19254

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 19 de abril de 2017 polo que se modifica o anuncio para a contratación das obras de restauración das cubertas da cabeceira da Catedral de Santiago de Compostela.

Advertidos erros no prego de contratación e no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril de 2017, na páxina 17197, cómpre realizar as seguintes correccións:

– Orzamento de contrata: 1.484.997,96 € (IVE incluído).

– Prazo de presentación de ofertas: finaliza o 19 de maio ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela