Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de explotación de recursos da sección C) Rodeiro, número 5208.1, nos concellos de Amoeiro e Ourense, promovido por Granitos Milagros, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión de residuos de industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, esta xefatura territorial,

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de explotación de recursos da sección C) que a seguir se describe:

Solicitante: Granitos Milagros, S.L.

Domicilio social: Pazo Rebón, nº 1, 36660 Moraña (Pontevedra).

Número: 5208.1.

Nome: Rodeiro.

Recurso: granito ornamental.

Data de solicitude: 14 de outubro de 2016.

Superficie: 4 cuadrículas mineiras.

Concello: Amoeiro e Ourense (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7º 57’ 40”

42º 23’ 00”

2

7º 00’ 00”

42º 23’ 00”

3

7º 57’ 00”

42º 22’ 20”

4

7º 57’ 40”

42º 22’ 20”

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial e nos concellos de Amoeiro e Ourense e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo en Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32003 Ourense, presentándoas en calquera das oficinas prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización administrativa compete, como órgano sustantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Ourense, 23 de marzo de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2016, artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense