Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18712

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 3 de abril de 2017 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Andante.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Andante, con domicilio na estrada de Xunqueira, número 9, en Allariz (Ourense).

Feitos:

1. O 13 de febreiro de 2017, Ramón Eladio Álvarez Hernansanz, presidente do Padroado da Fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Andante foi constituída en escritura pública outorgada en Allariz (Ourense) o 30 de xaneiro de 2017, ante a notaria Rosa Ana Suárez Doniz, co número de protocolo 92, por Ramón Eladio Álvarez Hernansanz e María Purificación Rodríguez Babarro que actúan no seu propio nome e dereito.

3. A Fundación, segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto:

– Promover, fomentar e difundir a arte contemporánea e a cultura galega en xeral a través da divulgación das distintas formas de expresión artística.

– Fomentar o achegamento entre artistas multidisciplinares.

– Dar a coñecer o oficio artesán de zapateiro e a arte de crear calzado.

– Fomentar o coñecemento e o deporte a través da divulgación dos camiños de Santiago.

4. O Padroado inicial da Fundación está formado por Ramón Eladio Álvarez Hernansanz como presidente, Alfredo Luis Rodríguez Martínez como vicepresidente e María Purificación Rodríguez Babarro como secretaria.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Andante, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución constan a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do Padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Fundacións de Interese Galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, corresponde á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 27 de marzo de 2017,

DISPOÑO:

Clasificar de interese cultural a Fundación Andante, e adscribila ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderase interpoñer previamente e con carácter potestativo recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza