Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (601/2016).

PO. Procedemento ordinario 601/2016

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Manuel Senén Rey Requeijo

Avogada: Ana Belén García Martínez

Demandados: Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Nueva Línea Iglesias, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Senén Rey Requeijo contra Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Nueva Línea Iglesias, S.L. e Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 601/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 1 de xuño de 2017, ás 11.00 e ás 11.05 horas, na planta 1, sala 6, no edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 29 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza