Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (400/2016).

Procedemento ordinario 400/2016

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Rafael Gómez Ferreiros

Demandados: Montajes Cermes, S.L., Canalizaciones de Telecomunicaciones y Saneamientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sercoes Obra Civil, S.L.U.

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Rafael Gómez Ferreiros contra Montajes Cermes, S.L., Canalizaciones de Telecomunicaciones y Saneamientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sercoes Obra Civil, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número procedemento ordinario 400/2016 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Montajes Cermes, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26.10.2017 ás 11.00 e 11.05 horas, en planta baixa-sala 1-Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, ao cal poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Montajes Cermes, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 30 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza