Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de marzo de 2017 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente LUG/86/2013-B1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 27 de xaneiro de 2017, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 2 de xuño de 2014, na cal se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha nave industrial, no lugar de Monte Laxalba, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Remedios Páez Aira, en representación de RPA, S.L., mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte da súa publicación.

Contra esta resolución a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística