Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 4 de abril de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación dun procedemento sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, porque, intentadas as notificacións, non se puideron practicar (expediente S-P-07.17).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural adoptou acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito.

Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo, e continuarase coa tramitación do procedemento ata que se dite a correspondente resolución.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO

Expediente: S-P-07.17, información previa VI-PO-038.14. Pontevedra.

Feito imputado: escavacións arqueolóxicas sen o preceptivo control arqueolóxico no termo municipal de Caldas de Reis.

Afectada: Promociones Pazos Souto 2000, S.L.U.

Último domicilio coñecido do interesado: Caldas de Reis.

Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador.

Prazo para alegacións: quince (15) días.