Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18389

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 4 de abril de 2016, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

De conformidade co disposto no artigo 15 de Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 20.3 da Orde do 4 de abril de 2016, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, resolvese proceder á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo desta resolución.

Finalidade da subvención: as axudas teñen por obxecto financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Beneficiarios:

a) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.

b) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de concellos a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas que regula esta orde. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Norma reguladora: Orde do 4 de abril de 2016, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 18 de abril).

Aplicación orzamentaria:

a) Entidades sen ánimo de lucro: 12.05.313A 481.0.

b) Entidades locais: 12.05.313A 460.0.

Crédito orzamentario: 67.305,00 euros, distribuídos en:

a) Entidades sen ánimo de lucro: 24.485,00 €.

b) Entidades locais: 42.840,00 €.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

Cecilia Vázquez Suárez
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

a) Entidades sen ánimo de lucro: 24.485,00 €.

Aplicación: 12.05.313A 481.0.

Entidades sen ánimo de lucro

Contía

Asociación Galicia Inxenia

2.856,00 €

Agrupación Xuvenil Brigantium

5.700,00 €

Anpa do Colexio CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carme

5.160,00 €

Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

3.200,00 €

Asociación EFA Fonteboa

5.700,00 €

Contía total concedida

22.616,00 €

b) Entidades locais: 42.840,00 €.

Aplicación: 12.05.313A 460.0.

Entidades locais

Contía

Agrupación de Concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo

4.440,00 €

Mancomunidade de Ordes

5.700,00 €

Concello de Cuntis

5.700,00 €

Agrupación de Concellos de Palas de Rei e Melide

2.992,00 € (*)

Concello de Soutomaior

5.160,00 €

Concello de Tomiño

5.700,00 €

Concello de Vila de Cruces

3.800,00 €

Concello de Boqueixón

5.700,00 €

Concello da Laracha

3.800,00 €

Contía total concedida

40.000,00 €

(*) Perderon o dereito á axuda.