BDNS (Identif.): 343019.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarias
As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2017.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 3 de abril de 2017 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2017.
Cuarto. Importe
Axudas cunha dotación total de 73.666,04 euros, cantidade que procede de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria