Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato da subministración de tres vehículos patrulla para a Policía local en réxime de arrendamento con mantemento (renting).

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015003785, ref. 2354.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de tres vehículos patrulla para a Policía local en réxime de arrendamento con mantemento (renting).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 21.10.2015, 23.10.2015 e 26.10.2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 876,95 euros. IVE: 184,16 euros. Importe total: 1.061,11 euros ao mes por vehículo.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización: 20 de marzo de 2017.

c) Contratista: Autos Iglesias, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 845 euros. IVE: 177,45 euros. Importe total: 1.022,45 euros ao mes por vehículo.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta económicamente máis vantaxosa, xa que é a que máis puntos obtivo sendo o prezo o único criterio de adxudicación.

Ourense, 21 de marzo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde