Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de oposición, dunha praza de operario de limpeza de edificios municipais, quenda libre, en réxime laboral.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 13 de febreiro de 2017, convócase unha (1) praza de operario de limpeza de edificios municipais, quenda libre, en réxime laboral, polo sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 49, do 1 de marzo de 2017, aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza, e no BOP de Ourense núm. 52, do 4 de marzo de 2017, a corrección de erros.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos e na sede electrónica da páxina web do Concello.

A Merca, 27 de marzo de 2017

Manuel Jorge Velo Reinoso
Alcalde