Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18291

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 44/16).

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, do 16 de marzo de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 44/16).

2. Obxecto do contrato: obra de mellora das instalacións deportivas C.F. Atios.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 70.464,90 € (IVE incluído). Execución: tres (3) meses sen prórroga.

5. Garantías: 5 % da oferta económica.

6. Prazo de presentación das proposicións: vinte e seis (26) días naturais, desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello.

7. Apertura das ofertas: segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 24 de marzo de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa