Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de información pública.

Aprobada inicialmente a modificación puntual núm. 5 das normas subsidiarias de planeamento municipal de Vimianzo: «Usos comerciais nas ordenanzas de solo urbano», por acordo do Pleno en sesión ordinaria do 31 de marzo de 2017, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Vimianzo, 6 de abril de 2017

Manuel Antelo Pazos
Alcalde