Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18099

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 17 de abril de 2017 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nos centros dependentes da Xunta de Galicia durante a folga indefinida convocada polas centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO), no sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, que comeza o día 18 de abril de 2017.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).

Os representantes das centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO) comunicaron á Consellería de Economía, Emprego e Industria a convocatoria da folga que terá lugar de xeito indefinido a partir das 00.00 horas do día 18 de abril de 2017 e afectará todas as empresas do sector da limpeza que prestan servizos na provincia de Lugo e todos os centros de traballo nos cales son adxudicatarias dos servizos de limpeza e, en consecuencia, todos os/as traballadores/as que prestan servizos para elas, salvo que non aplicasen o convenio colectivo de limpeza da provincia de Lugo.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais que se concretan nesta orde.

A xurisprudencia do Tribunal Constitucional, entre outras a STC 183/2006, do 19 de xuño, vén considerando como servizos esenciais aqueles que satisfán dereitos e intereses dos cidadáns vinculados aos dereitos fundamentais, liberdades públicas e bens constitucionalmente protexidos, como son os dereitos á protección da saúde e o dereito á seguridade e hixiene no traballo, de acordo cos seguintes criterios:

a) Proporcionalidade entre os sacrificios que se impoñan aos folguistas e os que padezan os usuarios dos servizos.

b) Equilibrio entre os dereitos e intereses dos traballadores en folga e dos cidadáns afectados.

c) Suficiencia na realización do traballo necesario que permita a cobertura mínima do servizo, aínda sen alcanzar os niveis normais de prestación.

Os servizos mínimos nos centros sanitarios foron fixados mediante a Orde da Consellería de Sanidade e os dos centros dependentes da Consellería de Política Social foron fixados mediante orde desa consellería.

O carácter de servizo público esencial concorre naquelas actividades que se prestan desde o sector público ou privado e cuxo mantemento resulta indispensable para garantir o exercicio dos dereitos fundamentais da persoa. Esta folga afecta un servizo de interese xeral para a cidadanía, como é o mantemento das condicións de salubridade, en canto medio indispensable para a satisfacción de bens e dereitos constitucionalmente protexidos, como son, entre outros, o dereito á protección da saúde previsto no artigo 43 da Constitución española.

A natureza, características e extensión da folga de limpeza imposibilitan a previsión de todos aqueles servizos esenciais que puidesen resultar afectados na hipótese non desexable dunha folga prolongada, polo que esta orde se limita a atender determinados supostos de necesidade inminente, que se motivan a continuación, sen prexuízo da súa posterior modificación en función das circunstancias concorrentes.

Respecto á Oficina de Turismo de Lugo, propóñense os servizos mínimos indispensables para garantir a salubridade e as condicións de hixiene mínimas, coa limpeza de baños e retirada do lixo, xa que é un lugar de grande afluencia de público.

En canto aos edificios xudiciais son espazos con grande afluencia de persoas, polo que se considera esencial –por cuestión de hixiene– manter en todo momento a limpeza en todos os baños. Paralelamente, considérase básico o baleiramento de papeleiras e retirada do lixo.

Polo que se refire ao servizo esencial da educación, con carácter xeral, o artigo 39 da Constitución depara unha protección especial aos menores; dun xeito máis específico, a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG do 15 de xullo), dispón no seu artigo 7 que o alumnado ten dereito a que se respecte a súa identidade, integridade e dignidade persoal, e á protección integral contra toda agresión física e moral.

Co fin de garantír o normal funcionamento deste servizo esencial é preciso o mantemento dunhas mínimas condicións de hixiene nos centros educativos que se sinalan no anexo, cuxa falla pode provocar nos centros afectados graves problemas de salubridade.

No edificio da Xefatura Territorial de Sanidade, sito na rúa Montevideo, realizan o seu traballo, entre outras unidades, o Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, servizo esencial que desenvolve funcións en materia de saúde pública e ademais é o único laboratorio de toda a Comunidade Autónoma que leva a cabo análises de diferentes mostras, restos orgánicos e outros.

Como consecuencia do exposto, é fundamental a prestación do servizo de limpeza xa que logo, de non facerse, provocaría unha grande acumulación de lixo con restos, entre outros, orgánicos de moluscos, carnes, vísceras, peixes e leite cos efectos que podería comportar (entre outros) de risco para a saúde dos traballadores do edificio.

No mesmo edificio desenvolven o seu traballo, tamén, a Inspección de Servizos Sanitarios, servizo que ten relación coa prestación de asistencia sanitaria no senso de que o persoal inspector colabora no control das diferentes situacións de IT coa pertinente observación ao paciente, polo que é obvio que ao ter relación coa saúde das persoas se debe prever a designación de servizos mínimos.

Polo anterior, e dado que o cadro de persoal é de cinco traballadores, propóñense como servizos mínimos dous efectivos.

No ámbito da Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos centros de formación, por tratarse de centros onde se levan a cabo actividades formativas con alumnado que participa nos cursos todos os días, nos cales se deben preservar as condicións hixiénico-sanitarias axeitadas, cómpre a limpeza diaria dos baños.

Por outra banda, as oficinas de emprego tamén necesitan a prestación do servizo de limpeza coa suficiente frecuencia como para manter limpas as instalacións tendo en conta que teñen público a diario.

Respecto ao edificio da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e tendo en conta que o servizo está formado por unha traballadora na quenda de 4 horas e outra na quenda de 3 horas pola tarde, e que se trata dun edificio de catro plantas, con baños abertos ao público e funcionarios en cada planta, a limpeza mínima que garanta que non haxa problemas sanitarios exixe establecer como servizo mínimo 1 traballador en, polo menos, unha quenda de 3 horas.

Polo que respecta aos centros dependentes da Consellería do Medio Rural, ao igual que aos dependentes da Consellería do Mar e aos da Área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que se relacionan no anexo, propóñense os servizos mínimos indispensables para garantir a salubridade e as condicións de hixiene mínimas nos centros de traballo coa limpeza de baños e retirada do lixo.

En consecuencia, por proposta da Comisión de Secretarios, en virtude das facultades que me confire o artigo 1 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, polo que se determina a organización, funcións e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

1. A convocatoria de folga indefinida efectuada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO), que terá lugar a partir das 00.00 horas do día 18 de abril de 2017 e que afectará todas as empresas do sector da limpeza que prestan servizos na provincia de Lugo e todos os centros de traballo en que son adxudicatarias dos servizos de limpeza e, en consecuencia, todos os/as traballadores/as que prestan servizos para elas, salvo que non aplicasen o convenio colectivo de limpeza da provincia de Lugo, deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen na presente orde.

2. Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan no anexo a esta orde.

Artigo 2

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación suficiente. A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada polos empregadores e notificada ao persoal designado.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Servizos mínimos Presidencia da Xunta de Galicia, Axencia Turismo de Galicia:

Centro

Persoal total

Servizos mínimos

Limpador/a

Oficina de Turismo (Rúa do Miño, 12-15)

1

50 % da xornada

Limpador/a

– Servizos mínimos Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Edificio Audiencia Provincial

3

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Lugo

5

2 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Chantada

1

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Mondoñedo

2

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Monforte de Lemos

1

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Sarria

2

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Vilalba

1

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Viveiro

1

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Edificio Xulgados Becerreá

1

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

Xulgado de Paz de Ribadeo

1

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tardes

– Servizos mínimos Consellería de Infraestructuras e Vivenda:

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Xefatura Área IGVS Lugo

2 (turno de 4 horas y otra de 3 horas)

1

Limpador/a

Tardes

– Servizos mínimos Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Centro Formación Profesional Ocupacional Lugo

3

1

Limpador/a

Tarde

Centro Formación Profesional Ocupacional de Viveiro

1

1

Limpador/a

Tarde

Unidade de Acción Formativa de Monforte

1

1

Limpador/a

Tarde

Oficina de Emprego de Becerreá

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Burela

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Chantada

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Lugo Norte

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Lugo Sur

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Mondoñedo

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Monforte

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Ribadeo

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Sarria

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Vilalba

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

Oficina de Emprego de Viveiro

1

1

Limpador/a

Martes, xoves

– Consellería de Sanidade:

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Edificio Xefatura Territorial Sanidade

5

2

Limpador/a

Tarde

– Servizos mínimos Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Centro educativo

Persoal

total

Horas

totais

Servizos mínimos

(horas semanais)

Posto

(categoría profesional)

CPI Dr. López Suárez (O Saviñao)

2

60 h

30 h

Limpador/a

CPI Dr. López Suárez (Friol)

2

77 h

35 h

Limpador/a

CPI Ramón Piñeiro (Láncara)

2

62 h

30 h

Limpador/a

CPI Plur. Dr. Daniel Monje (Navia

de Suarna)

2

40 h

20 h

Limpador/a

Biblioteca Nodal de Lugo

2

37 h

18,5

Limpador/a

Arquivo Histórico Provincial

2

20 h

10 h

Limpador/a

Museo Castro de Viladonga

1

15 h

7,5 h

Limpador/a

– Consellería do Medio Rural:

Centro

Mínimo

Posto

Quenda

Oficinas agrarias comarcais

50 % da xornada semanal

Limpador/a

Tardes

Distrito forestais

50 % da xornada semanal

Limpador/a

Tardes

Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia

1

Limpador/a

Tardes

– Consellería do Mar:

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Edificio Celeiro-Viveiro

1

1 (luns e xoves)

Limpador/a

Tarde