Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto unicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, por lotes separados, do contrato de obras de reparación interior de vivendas en Ferrol (expediente C-2016/REP 03).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reparacións menores en vivendas propiedade do IGVS en Ferrol, A Coruña.

b) Prazo de execución: o prazo será dun mes para a tramitación da licenza ou autorización municipal máis o prazo de execución da obra indicado na epígrafe R do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) (lotes 1, 2, 3, 4, 7, 8 e 9 = 1 mes; lotes 5 e 6 = 1,5 meses).

No caso de adxudicación de máis dun lote, os prazos serán os seguintes:

De 1 a 4 lotes: o prazo total será o do lote individual de maior prazo.

De 5 a 8 lotes: dous (2) meses.

Máis de 8 lotes: dez (10) semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio, por lotes separados.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento dezasete mil seiscentos setenta euros con sesenta e oito céntimos (117.670,68 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): vinte e catro mil setecentos dez euros con oitenta e catro céntimos (24.710,84 €).

c) Importe total: cento corenta e dous mil trescentos oitenta e un euros con cincuenta e dous céntimos (142.381,52 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación de cada lote (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: segundo o establecido no PCAP.

7. Obtención de documentación.

Os PCAP e o prego de prescricións técnicas polos que se rexe a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138395, e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, no lugar e na data que serán anunciados con tres días hábiles de antelación á súa realización no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio: o importe do anuncio será por conta do/s adxudicatario/s e ratearase por lotes.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo