Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto unicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras consistente na mellora de eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa Menéndez Pelayo, 15-17, en Vigo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente PO-2016/REE 01).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de illamento térmico polo exterior en edificación residencial para mellora de eficiencia enerxética.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: trescentos noventa e dous mil oitocentos corenta e seis euros con noventa e tres céntimos (392.846,93 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): oitenta e dous mil catrocentos noventa e sete euros con oitenta e seis céntimos (82.497,86 €).

c) Importe total: catrocentos setenta e cinco mil trescentos corenta e catro euros con setenta e nove céntimos (475.344,79 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

– O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=138396

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo