Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 252/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Manuel Miguens Servia, José Manuel Miguens Laíño contra a empresa Mabarza, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:
Parte dispositiva.
Acordo:
a) Declarar os executados Mabarza, S.L., Kebot 51, S.L., e Xestora Couros-2000, S.L. en situación de insolvencia por importe de 94.870,77 euros de principal e de 9.469,08 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.
b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.
c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.
Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596 crave 64 N no Banesto debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «Recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
A letrada da Administración de xustiza.
Para que sirva de notificación en legal forma a Mabarza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017
A letrada da Administración de xustiza