Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (23/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Lorenzo Martis Santamaría contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e Nemesio Ordóñez, S.A. UTE, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por ordinario, rexistrado co procedemento ordinario 23/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras e Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e Nemesio Ordóñez, S.A. UTE, José Lorenzo Martis Santamaría, Fondo de Garantía Salarial, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 22 de maio de 2017 ás 13.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, no seu caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., e Limpiezas Secope, S.A. e Nemesio Ordóñez, S.A. UTE, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza