Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación solar fotovoltaica no concello do Carballiño (expediente IN408A 2017/3-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na disposición adicional quinta do Real decreto 900/2015, do 9 de outubro, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas das modalidades de subministración de enerxía eléctrica con autoconsumo e de produción con autoconsumo, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Ojea, S.L.

Domicilio social: lg. Luisa Seoane, s/n, 32510 O Carballiño (Ourense).

Denominación: instalación solar fotovoltaica Maderas Ojea de autoconsumo de 150 kW de potencia nominal e 150,54 kWp.

Situación: sobre cuberta da nave de Maderas Ojea, S.L. en Seoane-O Carballiño.

Características técnicas:

Superficie de 2.068 m2 ocupada con 558 módulos, 393 de 255 Wp por unidade e 165 de 305 Wp/ud., constituídos por células fotovoltaicas de silicio policristalino de alta eficiencia, modelos WS-255 e WS-305 de Waaree, con 3 inversores Kaco 60.0 TL3 de 50 kW/ud. A conexión da instalación fotovoltaica realízase no cadro xeral da rede interior do inmoble.

Orzamento: 149.750,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, 32872 Ourense, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de marzo de 2017

Xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial