Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017096AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 22 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2017096AL-PO, incoado a Pescados Castro Varela, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, notifícaselle a Pescados Castro Varela, S.L., o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 15 de marzo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número del expediente: 2017096AL-PO.

Denunciada: Pescados Castro Varela, S.L. con CIF B94081221.

Último domicilio coñecido: rúa Rosalía de Castro nº 32, 36001 Pontevedra.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 14.1, 17.1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, créase a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e fíxanse procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 7 e 8 do Regulamento 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

– Artigo 15 do Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre as normas xerais de etiquetado, presentación e publicidade dos produtos alimenticios.

Tipificación: impútanselle unha infracción grave segundo o artigo 51 punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición e outra leve, segundo o artigo 51 punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo.

Sanción proposta: seis mil douscentos un euros (6.201,00 €).