Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17574

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (746/2014).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

O presente procedemento ordinario 746/2014, seguido por instancia de María Elena Martínez Balado fronte a Bautista Rodríguez Díaz e María Fátima Díaz Carneiro, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 29 de abril de 2016.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no xuízo ordinario civil referenciado co número 746/2014, en que é parte demandante Elena Martínez Balado, a quen representa a procuradora Sra. Sánchez Izquierdo e asiste o letrado Sr. Temes Montes, fronte a Bautista Rodríguez Díaz, en situación de rebeldía procesual ao non comparecer a xuízo, e Mª Fátima Díaz Carneiro, a quen representa a procuradora Sra. Pedrera Fidalgo e asiste o letrado Sr. Aranda Vélez, cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido que debo desestimar como desestimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, actuando en nome e representación de Elena Martínez Balado, fronte a Bautista Rodríguez Díaz, en situación de rebeldía procesual, e Mª Fátima Díaz Carneiro, e na devandita razón, estes últimos deben ser absolvidos dos pedimentos da citada demanda.

En cando a custas, obsérvese o disposto nas epígrafes correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndoselles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial do modo que dispoñen os artigos 455 e concordantes da LAC na súa nova redacción.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E encontrándose o devandito demandado, Bautista Rodríguez Díaz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza