Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17572

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (5395/2016).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5395/2016 desta sección, seguidos por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra a empresa Fogasa, Frutas Rías Baixas, S.L., Tomate Más Fruta, S.L., Natalia Torrado Viturro, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que, considerando en parte o recurso de suplicación interposto por María Flora Gómez Outeiral contra a sentenza de data 26 de setembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Santiago, en proceso sobre resolución de contrato e despedimento, promovido pola recorrente fronte ás empresas Tomate Más Fruta, S.L. e outras debemos revogar e revogamos en parte a sentenza impugnada e estimando a demanda de extinción de contrato de traballo declaramos extinguido o contrato de traballo que unía á traballadora María Flora Gómez Outeiral coa empresa Tomate Más Fruta, S.L., con data de efectos da data da presente sentenza, e condenando a empresa a que aboe a demandante en concepto de indemnización a cantidade de 17.214,78 euros.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Frutas Rías Baixas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza