Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17664

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de constitución da xunta de goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 49.9 dos estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, aprobados mediante o Decreto Galego 304/2008, do 9 de outubro, faise público o contido da acta de proclamación da candidatura electa, para a reelección dos cargos da Xunta de Goberno, formalizada o pasado 25 de marzo de 2017.

Os que subscriben, presidente, secretario e vogal da Xunta Electoral, das eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 49.9 dos estatutos, certifican:

Que por acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Goberno con data do 16 de decembro de 2016 se procedeu á convocatoria de eleccións fixando como día para a celebración destas o día 25 de marzo de 2017.

Que na convocatoria de eleccións se observaron todos os requisitos legais que a celebración destas exixe, como son: a publicidade destas, elección dos membros da Xunta Electoral, exposición do censo, prazos de presentación de impugnacións, etc.

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas con data do 25 de febreiro, tan só foi presentada unha única candidatura. Mediante acordo da Xunta Electoral, con data do 27 de febreiro, aprobouse a proclamación da única candidatura presentada, acordando, así mesmo, a omisión da realización dos comicios fixados para o día 25 de marzo de 2017.

A teor do exposto e considerando que só foi presentada unha única candidatura e dado que esta cumpre as condiciones requiridas, chegada a data fixada no seu día para as eleccións, procédese a proclamar a única candidatura presentada como electa, quedando constituída a nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia como segue:

Titulares:

Presidente: Avelino J. Samartín Caamaño

Vicepresidente: Miguel Ángel Rodríguez Ramos

Secretario: José Ramón Rey Álvarez

Tesoureiro: José Antonio Casal Cid

Poñente de Cultura: José Luis Darriba Castiñeiras

Vogal 1º: María Alicia Rodríguez Díaz

Vogal 2º: Belén Martínez Troncoso

Vogal 3º: José Caamaño Martínez

Vogal 4º: José María Casais Castreje

Os membros da Xunta Electoral, transcorridos os prazos de impugnación, se os houber, cesarán automaticamente nas súas funcións.

Segundo o disposto no artigo 49.9 publicarase o resultado das eleccións no Diario Oficial de Galicia (DOG) con carácter de urxencia.

E para que produza os efectos oportunos expídese a presente certificación, asinada polos membros da Xunta Electoral, en Santiago de Compostela o 25 de marzo do 2017. Asinado: presidente: Pablo Ripoll Cabello; secretario: Manuel Pérez Souto; vogal: Juan José Bugallo Gardón.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2017

Pablo Ripoll Cabello
Presidente da Xunta Electoral