Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00529-O-2017 e sete máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-00529-O-2017 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 24 de marzo de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00529-O-2017

2420-FGV

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

A realización de transporte regular de uso especial utilizando un condutor que careza do CAP en vigor.

18.1.2017; 10.00; AC173; 3,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-00532-O-2017

9200-CZG

Empresa Sánchez, S.L.

B15025711

Realizar un transporte escolar utilizando condutor que careza do CAP en vigor.

20.1.2017; 9.20; AC305; 35,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-00533-O-2017

5488-DGS

Procesado de Biomasas del Norte

B94117942

A carencia, falla de datos esenciais, ocultación ou falla de conservación da documentación de control.

25.1.2017; 13.07; AP-9M 1,3

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-00537-O-2017

5435-DCJ

Empresa Sánchez, S.L.

B15025711

A carencia de cambio de moeda metálica ou billetes, ata a cantidade regulamentariamente establecida.

23.1.2017; 17.07; N550; 80,5

Art. 142.13 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00538-O-2017

6899-CFY

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

23.1.2017; 11.14; N651; 14,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

XC-00542-O-2017

1466-JCC

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Realizar transporte regular de viaxeiros de uso especial, carecendo de autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente sancionador.

18.1.2017; 10.00; AC174; 4,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-00543-O-2017

2420-FGV

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Realizar transporte regular de viaxeiros de uso especial, carecendo de autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente sancionador.

18.1.2017; 10.00; AC173; 3,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-02069-O-2016

0931-BJW

Transvialia Servicios, S.L.

B70272059

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

19.6.2016; 01.27; AC552; 34,3

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros