Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02208-O-2016 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador PO-02208-O-2016 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Pontevedra, 17 de marzo de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-02208-O-2016

0027-CBM

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

Non levar a bordo dun vehículo arrendado o contrato de arrendamento ou copia, ou levalo sen cubrir.

16.2.2016; 20.47; AP9; 128,5

Art. 142.9 LOTT Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-02559-O-2016

87-BH-47

Timbercort, S.L.

B36543262

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

4.3.2016; 11.43; PO11; 3,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros

PO-02581-O-2016

2608-FSY

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

13.3.2016; 4.47; PO531; 4,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-02582-O-2016

2608-FSY

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

13.3.2016; 4.47; PO531; 4,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-02752-O-2016

C-5892-CD

Construcciones Arean, S.L.

B36247419

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

1.3.2016; 16.52; N525; 295,1

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-03162-O-2016

6732-HMJ

Ambulancias Ponteareas, S.L.

B36482305

Realizar transporte sanitario en réxime de servizo público, carecendo de autorización, certificación ou licenza sempre que a mesma se solicitase, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu otuorgamento, no prazo máximo de 15 días, contado desde a notificación do inicio do expediente sancionador.

5.4.2016; 17.45; N120; 651,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros