Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17577

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 144/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 144/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rodríguez Fernández, Fernando Javier Ferreira Rodríguez e Olegario Loureiro Insua contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar a executada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. en situación de insolvencia por importe de 5.139,13 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza