Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17446

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial da modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o 27 de marzo de 2017, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual nº 6 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Sanxenxo, e suspender os procedementos de outorgamento de licenzas co contido e o alcance que se determina no documento «Suspensión de licenzas como consecuencia da aprobación inicial da modificación puntual nº 6 do PXOM de Sanxenxo», incorporado ao expediente.

Ao abeiro do disposto no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, someter o expediente completo a información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) e en un dos xornais de maior difusión na provincia.

Simultaneamente, trasladarase a documentación sometida a información pública ao órgano competente en materia de urbanismo, quen realizará as consultas previstas no informe ambiental estratéxico, dará audiencia aos concellos limítrofes e solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos; e solicitaranse os demais informes sectoriais que resultasen preceptivos, relacionados polos técnicos municipais nos seus informes.

En consecuencia, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente nas dependencias de urbanismo do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Sanxenxo, 29 de marzo de 2017

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde