Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17447

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno da Corporación do 22 de febreiro de 2017, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, denominada modificación de aliñacións e espazos públicos asociados a dotacións e equipamentos nos núcleos de San Fins de Sales, Santa Cruz de Ribadulla, Tomonde, O Coto e San Pedro de Sarandón, neste termo municipal, que afecta diversos ámbitos, nos termos do proxecto redactado por Fermín González Blanco en calidade de arquitecto e, de conformidade cos artigos 60 e 83 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 17 de marzo de 2017

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde