Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición do expediente de subvención de promoción de emprego polo concepto de establecemento como traballador autónomo TR341D-2016/000258-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña; rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 30 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D-2016/000258-1.

Resolución desestimatoria do recurso de reposición.

Solicitante: Rocío Rodríguez Becerra.

NIF/NIE: 47366111A.

Concello: Carballo.

Materia: subvención promoción de emprego polo concepto de establecemento como traballador autónomo.

Data da resolución: 1 de febreiro de 2017.