Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 15 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2017/031).

Expediente: IN407A 2017/031.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CRN-707A derivada a CT Ansede.

Concello: Narón.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea CRN-707A (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,302 km, coa orixe en apoio nº D-10 existente dobre circuíto que forman as liñas CRN-704B e CRN-707A, onde se realiza a derivación aos centros de transformación de Ansede (expediente 30.010) e Agras (expediente 99/98), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio nº 10-5 proxectado, que substitúe o existente da LMT CRN-707A, no tramo entre a derivada ao CT Agras e o CT Ansede.

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea CRN-707A (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, coa orixe en apoio nº 10-1 proxectado que substitúe o existente da LMT CRN-707A, onde se realiza a derivación ao CT Agras, condutor LA-56 mm2, e final no CT Agras.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,088 km, coa orixe no paso aéreo a subterráneo para realizar no apoio nº 10-5 proxectado que substitúe o existente da LMT CRN-707A, no tramo entre a derivada ao CT Agras e o CT Ansede, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT Ansede.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2017/031.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CRN-707A derivada a CT Ansede.

Concello: Narón.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número do predio: 1.

Lugar: Ansede.

Cultivo: prado.

Propietarios: Purificación Sanmartín Vázquez e Victoria e Antonio Grueiro Sanmartín.

Afección de solo en pleno dominio: apoio número 2-2.0 m2.