Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 577/2016, do 6 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de outubro de 2016, pronunciou a sentenza 577/2016, ditada no procedemento ordinario número 4800/2012, interposto por Cooperativa Estudios San Martín, S.C.G., contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 16 de xullo de 2012 de aprobación definitiva da modificación puntual da normativa do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense de 1986, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola Cooperativa Estudios San Martín, S.C.G. contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos en canto aos artigos 3.2.h.2 e 3.2.h.3 do PXOM de 1986 se exixe un edificio exclusivo para a instalación dun centro de ensino regrado con máis de 50 prazas escolares. No se fai imposición das custas do recurso».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo