Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 685/2016, do 17 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 17 de novembro de 2016, pronunciou a sentenza 685/2016, ditada no procedemento ordinario número 4220/2015, interposto por Jaime Joaquín Valdés Parga, en relación coa Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 6 de maio de 2015 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Ponteceso, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Por todo o exposto, en nome do Rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu: 1) estimar parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Jaime Joaquín Valdés Parga contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza; 2) anular a dita disposición e o plan xeral que aproba no que se refire á cualificación da leira do actor con referencia catastral 8478308NH0887N0001TX, e declarar que será cualificada na súa totalidade como solo urbano consolidado; 3) desestimar todas as demais pretensións da demanda; 4) non facer imposición das custas procesuais causadas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo