Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito Roxos-Aldea Nova, punto quilomético 4+150 ao 5+040, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia (clave AC/16/086.06).

Antecedentes.

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte alternativos que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Fomento da mobilidade sustentable: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Santiago, onde unha das sendas propostas é un itinerario peonil e ciclista na AC-543, que agora se está a desenvolver mediante o proxecto construtivo do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito: Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, de clave: AC/16/086.06.

Por todo isto, mediante Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 27 de marzo de 2017, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito: Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, de clave: AC/16/086.06.

Este proxecto ten por obxecto fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado que actualmente existe entre os lugares de Roxos e Aldea Nova, de xeito que a poboación destes núcleos empregue a senda peonil para os seus desprazamentos cotiás en lugar do vehículo particular, contribuíndo deste xeito a unha redución das emisións de carbono, ao mesmo tempo que se acada unha mellora da seguridade viaria neste treito da estrada AC-543.

Executarase así unha senda mixta (peonil e ciclista) de formigón coloreado, que conectará os lugares de Roxos e Aldea Nova, nos cales xa se conta con beirarrúas, configurarase así un itinerario continuo ao longo dos primeiros quilómetros da estrada AC-543. Esta senda terá un ancho variable, en función do espazo dispoñible, pero en ningún caso inferior a 2 m, e irá separada da calzada por unha zona verde de ancho medio 0,9 m (agás naquelas zonas onde non hai espazo) e un bordo de formigón.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións, todas elas necesarias e imprescindibles para garantir a funcionalidade da senda executada:

– Ampliación da sección transversal para albergar os novos elementos que pasarán a formar parte da nova plataforma, de xeito que será preciso realizar pequenos desmontes para obter o ancho óptimo para a senda.

– Mellora da drenaxe, sinalización, balizamento e defensas, así como a reposición de servizos.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo da Delegación Provincial da Coruña (r/ Vicente Ferrer 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela) e na Casa do Concello de Ames (praza do Concello 2, 15220 Bertamiráns, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas)está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na AC-543.

Treito: Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040.

Clave: AC/16/086.06.

Núm. predio

Ref. catastral

Titular

Concello

Parroquia

Solo urbanizable

Destino

Solo rústico

Total

m2

1

000100100NH34E

Gasolinas Lubrificantes Repuestos, S.A.

Santiago de Compostela

Villestro

Monte

198,05

198,05

2

15079A26100207

Martelo Villaverde, Enrique (herdeiros de)

Santiago de Compostela

Villestro

Monte

6,21

6,21

3

0664580NH3406S

Caamaño Pose, José

Ames

Ortoño

108

Prado

108

4

0663302NH3406S

Mahía Inmobiliaria, S.L.

Ames

Ortoño

4,44

Prado

4,44

5

0663303NH3406S

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

Ames

Ortoño

9,23

Prado

9,23

6

0663304NH3406S

Rodeiro García, J. Antonio

Ames

Ortoño

10,15

Prado

10,15

7

0663305NH3406S

Reinoso Pazos, M. Nieves

Ames

Ortoño

8,57

Prado

8,57

8

0663306NH2406S

Pías Rodríguez, Víctor

Ames

Ortoño

11

Prado

11