Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (98/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 98/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Liñeira Veiga contra a empresa Patiño y Pillado, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Que, aceptando substancialmente a demanda interposta por Noelia Liñeira Veiga, con DNI 045847799J, contra a empresa Patiño y Pillado, S.L., debo declarar e declaro que procede esta, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 3.519,37 euros brutos, máis o xuro por mora do 10 % anual, respecto das cantidades salariais. Absólvese o Fogasa por falta de lexitimación pasiva ad causam, sen prexuízo da súa responsabilidade legal subsidiaria, prevista no artigo 33.1 do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado, no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Patiño y Pillado, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza