Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17090

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (941/2015).

Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, polo presente anuncio:

No procedemento ordinario número 941/2015 seguido por instancia de Comunidad de Propietarios Tomás Alonso, 43, Vigo, fronte a Tomás Alonso, 39-41, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 23 de decembro de 2016.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos por instancia de Comunidad de Propietarios de la calle Tomás Alonso, nº 43, de Vigo, representada polo procurador Félix Hombría Gestoso e asistida polo letrado Enrique Jaime Davila López, contra Tomás Alonso, 39-41, S.L., en rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución:

Estimo integramente as pretensións de Comunidad de Propietarios de la calle Tomás Alonso, nº 43, de Vigo e condeno a Tomás Alonso, 39-41, S.L. a pagar á demandante a suma de 23.101,07 euros, máis o xuro legal desde a data da demanda e con expresa condena en custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente ES5500493569920005001274 e sinalar no campo «concepto 3640 0000 04 0941 15» a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

E encontrándose o devandito demandado, Tomás Alonso 39-41, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 9 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza